Patrimonio da Humanidade en Camboxa

Localización dos sitios de Camboxa na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Camboxa, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Camboxa ratificou a conveción o 28 de novembro de 1991.[3]

Camboxa conta con tres lugares clasificados como Patrimonio da Humanidade. Angkor foi incluído na lista en 1992 cando o país estivo brevemente gobernado pola misión das Nacións Unidas despois da guerra camboxano-vietnamita, en liña cos Acordos de Paz de París de 1991. O sitio foi clasificado inmediatamente na Lista do Patrimonio Mundial en Perigo co fin de afrontar con rapidez e eficiencia os problemas urxentes de conservación.[4] En 2004, Angkor foi eliminado da lista en perigo.[5] O Templo de Preah Vihear foi incluído en 2008, Sambor Prei Kuk en 2018 e Koh Ker en 2023.[3] Os catro sitios son culturais.

  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF). 
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Cambodia". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2022. Consultado o 27 de marzo de 2022. 
  4. "World Heritage Committee: Sixteenth session" (PDF). UNESCO World Heritage Centre. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 4 de marzo de 2007. Consultado o 27 de marzo de 2022. 
  5. "World Heritage Committee: Twenty-eighth session" (PDF). UNESCO World Heritage Centre. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 27 de novembro de 2005. Consultado o 27 de marzo de 2022. 

Developed by StudentB